Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Proxectos

Recuperando sons

Parte fundamental das investigacións levadas a cabo é recuperar aquelas vellas sonoridades da comarca da Terra de Montes, así é como se pretenden recuperar intrumentos antigos desa zona. Esto enmárcase dentro do Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes.

Punteiro de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo

Homenaxe a Avelino Cachafeiro - Sábado 16 de abril de 2022

Acto organizado polo Concello de Forcarei no cemiterio de Soutelo de Montes no que participaron a alcaldesa do concello, Verónica Pichel, Juan Bautista Alberte, sobriño e portavoz do legado de Avelino Cachafeiro, a banda de gaitas de Forcarei e Rubén Troitiño, intepretando a Alborada de Rosalía de Castro, xunto a Valentin Romero á percusión, cun dos punteiros orixinais de Avelino.

Fotografías de Noelia Ratel.

Rubén Troitiño e Bautista Alberte.

Valentín Romero (percusión) e Rubén Troitiño (gaita)

Punteiro de Manuel Cabada, o gaiteiro de Seoane

O pasado sábado 7 de maio de 2022 ás 20:00h no Auditorio de Soutelo de Montes (Forcarei) celebrouse o "VII Festival de música tradicional" organizado pola banda de gaitas do concello de Forcarei, presentado por Verónica Rilo

O festival estivo marcado pola homenaxe a Manuel Cabada Muras, o gaiteiro de Seoane. 

Fotografías de Noelia Ratel.

No seguinte vídeo poderedes escoitar un pequeno anaco da intervención de Rubén Troitiño co punteiro do gaiteiro de Seoano que voltou a soar despois de case 50 anos.

Outros instrumentos recuperados

Gaita de Julio Durán (Cerdedo)

Gaita de Pedro Prado (Fontenla - Forcarei)

Gaita de Ramón José Lavandeira Limeres (Cerdedo)

Gaita de Ramón José Lavandeira Limeres (Cerdedo)

Pezas recuperadas das gaitas de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.

Fliscorno de Eduardo Troitiño

Partitura de Eduardo Troitiño

Tuba (Baixo)

Tromón

Clarinete

Pratos pequenos

Atril instrumento

Boquillas

Maza

Boquilla

Castañolas con mango

→ Outros proxectos ←

Recuncho adicado á música da comarca da Terra de Montes, centrándose na conservación, estudo e difusión das zonas do concello de Forcarei e antigo concello de Cerdedo creado polo músico Rubén Troitiño.

Redescubrindo aos gaiteiros de Soutelo

Redescubrir a historia deste cuarteto da Terra de Montes mediante documentación orixinal coma revistas da época, discos de pizarra cos seus catálogos impresos ou mesmo algún dos punteiros empregados. Todo isto acompañado de fotografías inéditas e datos que chegaron ata nós intentando aportar unha nova visión da historia do cuarteto, sen deixar de lado a figura do Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.

Parte fundamental das investigacións levadas a cabo é recuperar aquelas vellas sonoridades da comarca da Terra de Montes, así é como se pretenden recuperar intrumentos antigos desa zona. Esto enmárcase dentro do Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes.

Idea orixinal de Rubén Troitiño que xurde a través da necesidade de facerlle unha homenaxe a toda persoa, grupo de música ou institución que dedicaron a súa vida á conservación e difusión da música tradicional galega sendo esta parte fundamenta da cultura e tradición de Galicia.

Composicións e arranxos creados para diferentes formacións musicais. Neste apartado poderedes escoitar algún que outro tema.