Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Proxectos

Redescubrindo aos gaiteiros de Soutelo

O principal obxectivo desta charla é redescubrir a historia do grupo os gaiteiros de Soutelo a través da recopilación e análise de documentación. Para iso, poderemos ver documentos orixinais, coma revistas da época, os discos de pizarra cos seus catálogos impresos ou mesmo algún dos punteiros que empregaban.

Ademáis, recopilouse unha serie de fotografías inéditas e outros datos históricos que chegaron ata os nosos días, co fin de ofrecer unha nova visión da historia do cuarteto e a súa relevación dentro da música galega. Préstase especial atención á figura de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo, quen tivo un papel fundamental dentro desta formación. 

A través da exploración da historia desta agrupación, espérase que os asistentes poidan apreciar e valorar aínda máis a o traballo realizado e o seu legado musical e histórico.

Outros proxectos

Recuncho adicado á música da comarca da Terra de Montes, centrándose na conservación, estudo e difusión das zonas do concello de Forcarei e antigo concello de Cerdedo creado polo músico Rubén Troitiño.

Redescubrindo aos gaiteiros de Soutelo

Redescubrir a historia deste cuarteto da Terra de Montes mediante documentación orixinal coma revistas da época, discos de pizarra cos seus catálogos impresos ou mesmo algún dos punteiros empregados. Todo isto acompañado de fotografías inéditas e datos que chegaron ata nós intentando aportar unha nova visión da historia do cuarteto, sen deixar de lado a figura do Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.

Parte fundamental das investigacións levadas a cabo é recuperar aquelas vellas sonoridades da comarca da Terra de Montes, así é como se pretenden recuperar intrumentos antigos desa zona. Esto enmárcase dentro do Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes.

Idea orixinal de Rubén Troitiño que xurde a través da necesidade de facerlle unha homenaxe a toda persoa, grupo de música ou institución que dedicaron a súa vida á conservación e difusión da música tradicional galega sendo esta parte fundamenta da cultura e tradición de Galicia.

Composicións e arranxos creados para diferentes formacións musicais. Neste apartado poderedes escoitar algún que outro tema.