Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Biografía

Traxectoria musical vencellada á música tradicional galega e ao mundo coral. Dentro da música tradicional formando parte de diversas asociacións culturais, coma pode ser O Fiadeiro de Vigo, Os Abrentes de Cerdedo, a grupos de música tradicional/folque coma a charanga Vai de Baile (grupo formado para o programa Luar da Televisión de Galicia), Abóbriga ou na última etapa do grupo Quempallou. Dentro do mundo coral no coro Miñoca ma non toppo de Vigo, dirixido por Ángel A. Montes.

Na actualidade forma parte do grupo Ardentía e tamén do Coro de Cámara Rías Baixas de Vigo.

Rubén Troitiño nace no ano 1988. As súas primeiras nocións de gaita foron da man do seu pai José Luís Troitiño, e as primeiras de música, no ano 1993, da man do mestre Avelino Alberte Fírvida (sobriño de Avelino Cachafeiro), en Os gaiteiros de Soutelo e Coros e Danzas da Terra de Montes, grupo feito na honra de Avelino, onde aprendeu gaita galega, percusión tradicional e linguaxe musical. Neste grupo estivo ata o ano 2000, no que se desfixo esta formación. Entre os anos 1995 e o 2000 estudou na academia de música Anacrusa, en Vigo, nas modalidades de piano, técnicas vocais e linguaxe musical. Ao ano seguinte, 2001, entra no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, na especialidade de gaita galega. Ademáis da gaita, tamén toca outros instrumentos coma a percusión tradicional, dende o 1995, o clarinete, que o empeza a estudar no ano 2005 ou o saxofón (soprano, alto e tenor), dende o 2006.

Ao longo da súa traxectoria coma músico participou en diversas agrupacións coma membro, colaborador ou en proxectos persoais.

Na actualidade, o seu traballo céntrase principalmente na investigación e no estudo das músicas da comarca da Terra de Montes, no marco do proxecto co nome de Músicas da Terra de Montes. A través desta labor de investigación, busca aprofundar no coñecemento e na comprensión da rica actividade musical desa zona, explorando as súas raíces históricas e a súa evolución ao longo do tempo. Non obstante, segue mantendo a súa actividade como instrumentista en proxectos e colaboracións nos que pode seguir experimentando e crecendo como artista.

Actualidade

Docencia, didácticos e conferencias

Docencia

Músico

Técnico de son

Concertos didácticos

Conferencias | Charlas | Coloquios

Asesoramento e organización de eventos

Asesoramento.

Asesoramento.

Asesoramento.

Asesoramento. 50 aniversario da publicación do libro de poemas “Voando cas aas da vida” de Avelino Cachafeiro. 

Asesoramento.

Asesoramento.

Asesoramento.

Organización.

Organización.

Asesoramento e presentación.

Concursos, premios e recoñecementos

Gaiteiro solista, acompañado co tambor por Edelmiro Fernández.

Organizado pola A. C. A Mámoa, co cuarteto de gaitas tradicionais “O Rapacarallas” de Vigo.

Organizado pola “Asociación Galega do Acordeón”, cun dúo de gaita galega e acordeón, con Roberto Comesaña.

Gaiteiro solista, acompañado co tambor por Iago Barreiro.

Modalidade de “música folk” co grupo “A gharrapata”, con Roberto Comesaña.

Conservatorio Profesional de Musica de Vigo.

Músico da charanga/orquestra e técnico de son nas gravacións das publicacións.

Pregón na coñecida coma “Festa do Gaiteiro”, Soutelo de Montes (Forcarei) en homenaxe á figura de Avelino Cachafeiro e dos Gaiteiros de Soutelo.

Publicacións

Prensa

Artigos

Revista "Fol de Veleno", Nº1 | Artigo. Anuario de antropoloxía e historia de Galiza editado pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)

Revista "Cousas de...", Nº20 | Artigo 

Faro de Vigo | Artigo. Polo centenario do nomeamento de Avelino Cachafeiro coma mellor gaiteiro de Galicia.

Blogues/Web de música tradicional

Libros

Colaborador xunto con Xosé Luis Troitiño no libro “As bandas de música de Cerdedo” do autor Manuel Campos.

Gravacións

Músico e técnico de son

Producido polo grupo de estudos etnográficos “Serpe Bichoca”. Gravación, execución instrumental e autoría.

Técnico de son

Dirixido por Germán Pérez. Actores: Xosé Manuel Olveira «Pico», David Bendito. Xefe de son, gravación da música pertencente á banda sonora e postproducción de audio.

Técnico de son

Dirixido por Germán Pérez. Actores: Juanma Buturón, Rubén Prieto, Paloma Saavedra, Pepe Barreira, Nani Matos. Micrófonista, gravación da música pertencente á banda sonora e postproducción de audio.

Técnico de son

Dirixido por Emilia Loira. Xefe de son.

Músico e técnico de son

Maqueta – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio) – 1º Premio no “VI Concurso de maquetas de música da Universidade de Vigo” na modalidade de “música folk”.

Técnico de son

Maqueta – Gravación, mestura e masterización do tema “Un día perfecto” (ChisPún! Estudio).

Técnico de son

Maqueta – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio).

Músico

Gravado no estudio “Phonos” de A Estrada.

Músico

Gravación para o programa da Televisión de Galicia (TVG) Alalá.

Músico e técnico de son

Maqueta – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio).

Técnico de son - Maqueta

Edición e mestura do tema 11 da maqueta “Primer andén” (ChisPún! Estudio).

Técnico de son - Dirixido por Germán Pérez, idea orixinal de Sergio Rodríguez. Con Nani Matos, dirección de producción de Jacobo M. Casal, dirección de fotografía de José Rodríguez, son de Pablo Viñas, producido por XA! Xprsion Audiovisual. Coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Vigo e a Escola de Imaxen e Son de Vigo. Gravación da música pertencente á banda sonora.

Músico

Disco – Colaboración xunto con membros do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (CPMV).

Músico e técnico de son

Maqueta – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio).

Músico

Disco – Gravado no estudio “Casa de Tolos” (Gondomar – Pontevedra).

Músico

Gravado polo estudio móbil de “Casa de Tolos” para a canle Tolemias de R. Tolemias é unha canle de contidos musicais dispoñibles baixo demanda que xurde da unión de Cinfo (empresa especializada en contidos e desenvolvementos para televisión) e Casa de Tolos. En Tolemias poderás atopar concertos e outros contidos relacionados coa música en directo. Actualmente dispoñible en tv R.

Músico e técnico de son

USB – Edición e mesturas. Gravación en directo no teatro “Novacaixagalicia” de Vigo polo estudio móbil de “Rec Estudios”. Producción Ton e Son Editorial, deseño gráfico de Iago Barreiro e música de O Fiadeiro.

Músico e técnico de son

DVD. – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial para Inquedanzas Sonoras.

Técnico de son

Dirixido por Carlos Cortés e Miguel Álvarez, idea orixinal de Miguel Álvarez. Cámara: Carlos Cortés. Producción e Making Off: Carolina Muñoz. Escritora: Bárbara Muñoz. Protagonista: Miguel Álvarez. Sonido: Amanda Pons e Rubén Troitiño. Voz en Off: Fernando González “Gonzo”. Compositor: Roberto Del Río.

Técnico de son

Imaxen: Miguel Álvarez.

Técnico de son

Dirixido e realizado por Animaxes AV.

Técnico de son

Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio). 

Músico e técnico de son

Libro + CD – Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial para A. C. F. O Fiadeiro.

Técnico de son

Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio). Idea orixinal.

Técnico de son

CD. Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio). 

Técnico de son

Gravado por ChisPún! Estudio, dirixido e realizado por Rubén Troitiño.

Técnico de son

Gravado por ChisPún! Estudio, dirixido e realizado por Rubén Troitiño.

Técnico de son

Libro + CD – Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.

Técnico de son

Libro + CD – Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.

Técnico de son

CD – Homenaxe a Ricardo Portela polo 25 aniversario do seu pasamento. Gaita orixinal de Ricardo Portela, coa colaboración á percusión de Xosé V. Ferreirós (Milladoiro), Chuco Estévez Gonzalez (E-Trad), Gonzalo Caride (artesán-músico), Wenceslao Cabezas “Polo” (Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo), Antón López “Toniño” (Treixadura), Manuel Solla (Os Cruceiros), Xosé Carlos V. Bouza e Jesús Corral Fernández (Xarabal), Miguel Souto (O Fiadeiro), Alberto Costas (PelePau), Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez (Noitarega).

Técnico de son

Libro + CD – Gravación e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.

Técnico de son

Libro + CD – Edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.

Técnico de son

Libro + CD – Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.

Técnico de son

CD – Edición, mestura e masterización (ChisPún! Estudio). Segundo disco do grupo Abóbriga de Baiona. Editado por Inquedanzas Sonoras.

Músico e técnico de son

Tres temas de composicións propias gravados co gallo do 25 aniversario do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo.

Músico e técnico de son

Tema adicado ao Real Club Celta de Vigo co gallo do seu centenario.

Exmembro, colaborador ou solista

Colaborador - Gaiteiro (gravación – gaita, tambor e bombo).

Colaborador - Clarinetista.

Colaborador - Gaiteiro solista. Nesta homenaxe participaron “Os Abrentes de Cerdedo”, “Tear de Llerena”, “Donicelas”, “Xirandola” e “Leilía”.

Colaborador - Percusión tradicional.

Colaborador - Gaiteiro. Gala do 85 Aniversario.

Gaiteiro solista - Proxecto da “Asociación de Escritores en Lingua Galega” (AELG) co patrocinio da “Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura”.

Colaborador - Saxofonista (saxofón soprano e alto).

Colaborador - Saxofonista (saxofón soprano), percusionista e técnico de son. Programa de televisión “Luar” da CRTVG (Compañía de Radio Televisión de Galicia).

Colaborador - Clarinetista, percusionista e gaiteiro. “Festa da reconquista da vila de Vigo” e “Festas dos Maios”.

Colaborador - Gaiteiro. Dirección musical: Óscar Ibáñez.

Gaiteiro solista - Festa na honra do gaiteiro Avelino Cachafeiro, “O Gaiteiro de Soutelo”.

Colaborador - Percusión tradicional.

Colaborador - Saxofonista (saxofón soprano).

Colaborador - Saxofonista (saxofón alto). Co patrocinio da “Consellería de Innovación e Industria”, nas visitas teatralizadas “Boa Vila dende o Camiño Xacobeo” na cidade de Pontevedra.

Colaborador - Saxofonista (saxofón soprano).

Colaborador - Saxofonista (saxofón soprano).

Colaborador - Saxofonista (gravación – saxos alto e tenor).

Colaborador - Percusión tradicional.

Colaborador - Saxofonista (saxofón soprano e alto). No ano 2012 colaboración no 25 aniversario da asociación.

Gaiteiro solista - Festa na honra do gaiteiro Avelino Cachafeiro, “O Gaiteiro de Soutelo”.

Colaborador - Gaiteiro. “Festa da arribada 2010”.

Colaborador - Saxofonista (directo e gravación – saxofón soprano). Grupo de Punk/Ska/Reggae. Colaboración xunto con membros do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (CPMV). Disco: “Reallidades Alienantes…”.

Colaborador - Conservatorio Superior de Música de Vigo. Colaboración no concerto fin de carreira do músico Rafael Crespo (especialidade gaita galega) xunto con músicos coma Xurxo Fernández, Lucía Comesaña, Armando Viñas, Ánxela Vidal, Lucía Martínez, Paulo González…. Saxofón alto (Charanga “O Fiadeiro”) e canto vocal (baixo – peza tradicional, “Ronda dos mozos de polaina enteira” recollida en Florderrei (Cancioneiro das Terras do Riós), arranxada por Rafael Crespo).

Colaborador - Saxofonista (saxofón soprano). Colaboración xunto cos músicos: Rafael Crespo, Ánxela Vidal, Cristian Silva e Alberto Costas.

Colaborador - Saxofonista (gravación – saxos alto e soprano).

Colaborador - Gaiteiro e percusionista. Colaboración coa “Escola municipal de teatro de Vigo” nas visitas teatralizadas ao casco histórico de Vigo co motivo da celebración do bicentenario da cidade (plan de competitividade turística de Vigo, turismo urbano e de ría).

Colaborador - Saxofonista (saxofón tenor). Colaboración co grupo de Punk/Rock “Kallaikoi” de Baiona (Pontevedra).

Colaborador - Saxofonista (saxofón alto).

Colaborador - Canto coral (baixo). Colaboración co Coro do Conservatorio Profesional de Música de Vigo no auditorio David Russell do CMUS Profesional de Vigo co motivo da celebración do X Aniversario. Neste concerto estreouse a versión completa para banda e coro do “Himno a Vigo”, con música do mestre Reveriano Soutullo e letra de Pío L. Cuíñas, todo iso baixo a dirección de Juan Carlos Díaz.

Colaborador - Gaita e percusións. Colaboración co cantautor baionés Urbano Cabrera xunto co grupo Abóbriga.

Colaborador - Presentación da colección de libros de Chave Mestra con especial atención ao último número sobre Xoan Tilve, gaiteiro de Campañó. Neste acto estiveron presentes Ramón Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque e coordinador da edición; o musicólogo Xabier Groba; e Oscar Ibáñez, coautor do libre sobre Tilve. Nesta presentación acompañouse a Oscar Ibáñez coa perscusión na que interpretou varios temas coa gaita orixinal de Manuel Villanueva, unha xoia organolóxica do século XIX, gaita tombal que pertenceu ao propio Xoán Tilve. Presentado na ACF O Fiadeiro de Vigo.

Colaborador - Canto Coral (baixo) – Celebrado no Auditorio Mar de Vigo. Un programa de Primavera 2016 protagonizado pola orquestra Xove 430 e un coro efímero e participativo baixo a batuta de Julio Domínguez e Irene Gómez Calado.

Exmembro – Membro fundador. Director: Ángel A. Montes.

Exmembro – Saxofonista.

Exmembro - Charanga/Orquestra O Fiadeiro – saxofonista e colaborador coma gaiteiro e percusionista.

Exmembro – Gaiteiro e clarinetista.

Colaborador - Espectáculo “Aires de Pontevedra, homenaxe a Ricardo Portela” para pechar os actos conmemorativos do 25 Aniversario pasamento. Outros colaboradores: Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xosé Liz, Marcos Campos, Chuco Estévez González, Miguel Souto, Wenceslao Cabezas “Polo”, Carla Villanueva Rodríguez, Álvaro Novegil Pintor Alvarellos, José Luis Lema, gaiteiros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, José Campos, Miguel Fraguas, Rubén Troitiño, Laura Garcia Couto, Maria Vidal Sabaris, Bailadores do Fiadeiro, Bailadores da A.F. Celme, Compañía de Danza Contemporánea Jesús Quiroga).

Colaborador - Presentación do libro “A Requinta do Ulla – Obradoiro Riobó” do autor Rafael Carracedo na ACF O Fiadeiro de Vigo. 

Colaborador - Canto Coral: Baixo – Concertos celebrados no Auditorio Afundación de Vigo e no Círculo de las Artes de Lugo no mes de xaneiro. Coro de Cámara Rías Baixas dirixido por Bruno Díaz, solistas: Eugenia Boix (soprano), Gabriel Díaz (contratenor) e unha das figuras máis destacadas do violín dentro do panorama historicista, Lina Tur Bonet, exercendo coma solista ademáis de como directora. A interpretación do repertorio a cargo da Orquestra Barroca Vigo 430, orquestra especializada e con instrumentos orixinais. Obras interpretadas: Leo: “Salve regina”; Stradella: “Crocifissione e morte de Iesu Cristo”; Vivaldi: concerto para violín “Il grosso mogul” e “Gloria”.

Colaborador - Participación na respresentación músico-teatral do Libro/CD “A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns”. Esta viaxe é o resultado do traballo do curso de 3º de Interpretación Xestual da ESAD de Vigo xunto ca A.C.F. O Fiadeiro, un traballo de meses que mestura interpretación e músicas e bailes tradicionais. Este esforzo creativo, que está baseado no libro-disco homónimo editado por Ton e Son Editorial co Fiadeiro e creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo no ano 2015 – Venres 24 de maio no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

Colaborador - Participación nesta iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra, cos que se pretende dar a coñecer e poñer en valor a figuras e formacións senlleiras da provincia, hoxe referencia imprescindible da nosa música tradicional.

Gaiteiro solista - Participación no pregón da “XL Festa do gaiteiro de Soutelo” encargado da parte musical interpretando dúas pezas, a primeira delas foi a “Alborada de Rosalía de Castro” e a segunda unha pequena obra de composición propia cun dos poemas de Avelino Cachafeiro do seu libro “Voando cas aas da vida”, xa que neste ano celebrouse o 50 aniversario da súa publicación, que leva por título “Canta a neniña pastora” (título orixinal do poema).

Colaborador - Participación coma percusionista acompañante xunto con Inés Fernandez (violín) e Olalla Vidal (arpa) nos concertos celebrados nos días 27 e 28 de agosto dentro do ciclo ‘Vigo, un mar de corais’.

Gaiteiro solista - Participación coma gaiteiro solista no concerto do sábado 30 de abrirl que leva por título “O Camiño: Mitos e Tradicións!”. Como notas ao repertorio que interpretei de maneira solista, a peza que interpretei para abrir o acto foi baseada no “Cantar do arrieiro”, de Manuela Cortizo (Manuela das Marianas ou Manuela de Barro) e a segunda a “Alborada de Rosalía de Castro”, do repertorio dos gaiteiros de Soutelo. Esta última co gallo do 50 aniversario do pasamento de Avelino Cachafeiro e tamén das actuacións que os gaiteiros de Soutelo fixeron en Cerdedo na súa época.

Participación coma gaiteiro solista no concerto do domingo 31 de xullo co gallo das festas do Ecce-Homo en Cerdedo.

Colaborador/Gaiteiro solista - Participación coma gaiteiro solista e coa A. C. Os Abrentes de Cerdedo no concerto celebrado o sábado 27 de agosto no lugar de Viascón (Cerdedo-Cotobade) dentro da súa xira "Lugares máxicos" dentro dos actos de homenaxe a Ricardo Portela conmemorando o 30 cabodano do seu pasamento.

Colaborador/Gaiteiro solista - Participación coma gaiteiro solista e coordinando ás agrupacións do concello (Os Abrentes, Foula e Os Afoutes) no concerto celebrado o sábado 26 de agosto no lugar de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) dentro da súa xira "Lugares máxicos".