Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
www.rubentroitino.com
Proxectos
→ Composicións/Arranxos ←
O Candileiro - Autor: Rubén Troitiño
Obra composta ano ano 2021. Xota en homenaxe a Avelino Cachafeiro e adicada á Banda de Gaitas de Forcarei.
Estreada o sábado 6 de maio de 2023 no “VIII Festival de Música Tradicional de Forcarei” no auditorio de Soutelo de Montes.
Muiñeira dos 25 - Autor: Rubén Troitiño
Muiñeira dos 25 – Pezas compostas co gallo do 25 aniversario da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo. A continuación poderédelas escoitar da man do seu grupo de gaitas:
Vals do 94 - Autor: Rubén Troitiño
Pezas compostas co gallo do 25 aniversario da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo. A continuación poderédelas escoitar da man do seu grupo de gaitas:
Muiñeira do deprimido - Autor: Rubén Troitiño
Adicada ao gaiteiro Carlos Estévez e incluída no primeiro traballo discográfico do grupo Abóbriga que leva por título Foliada en Baiona.
Canta a neniña pastora - Autor: Rubén Troitiño
Obra composta ano ano 2019 cun dos poemas de Avelino Cachafeiro do seu libro Voando cas aas da vida, co gallo do 50 aniversario da súa publicación, que leva por título “Canta a neniña pastora” (título orixinal do poema) e presentada na XL Festa do gaiteiro de Soutelo, festa na honra de Avelino Cachafeiro interpretada por Rubén Troitiño e Miguel González Diz (gaitas), Santiago Bernárdez (tambor), Juan Bautista Alberte (bombo), Noelia Ratel, Mariña Río, Yoli A. Ceide, Ramón Pazos, Diego Cabaleiro e Manuel Rodríguez (voces).
Muiñeira para Antonio Fraguas - Autor: Rubén Troitiño
Peza adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.
Composta co gallo do Día das Letras Galegas 2019
Artigo publicado na páxina da Real Academia Galega falando de Rubén Troitiño e da composición Muiñeira para Antonio Fraguas – Real Academia Galega
Monte do Seixo - A montaña máxica
O monte do Seixo é a montaña da toténica serpe, a montaña da fertilidade, das encrucilladas, dos oráculos, do Alén; a montaña dos sol e da lúa, a montaña dos nosos deuses primixenios representados en toda a súa magnificiencia.
Unha produción de Sepre Bichoca® - Grupo de Estudos Etnográficos
Composición: Pasodobre de Sanabarrighas
Karaoke Popular
Nova recompilación de temas en formato Dvd. Un novo modelo de compartir música popular que, de seguro, proporcionaravos divertidos e agradables momentos para cantar, escoitar e bailar entre amigos e familia. O seu funcionamento é moi simple...introducide o disco no voso reprodutor Dvd, seleccionade o tema e xa podedes comezar a cantar, sin necesidade de micrófonos, nin reprodutores especiais. A regueifa, a rianxeira, a saia da Carolina, catro vellos mariñeiros, foliada de Nadela, foliada de Tenorio, himno galego, miñas cousas, o burro da tía Lola, o caneco, o galo, o melro,o sancristán de Coimbra e ven bailar Carmiña son os temas que presenta a editorial Ton e Son neste particular formato
Os arranxos dos temas foron elaborados e gravados por Rafa Crespo, Rubén Troitiño e Suso Atanes.
Gravación, mestura e masterización - Rubén Troitiño.
→ Outros proxectos ←
Recuncho adicado á música da comarca da Terra de Montes, centrándose na conservación, estudo e difusión das zonas do concello de Forcarei e antigo concello de Cerdedo creado polo músico Rubén Troitiño.
Redescubrindo aos gaiteiros de Soutelo
Redescubrir a historia deste cuarteto da Terra de Montes mediante documentación orixinal coma revistas da época, discos de pizarra cos seus catálogos impresos ou mesmo algún dos punteiros empregados. Todo isto acompañado de fotografías inéditas e datos que chegaron ata nós intentando aportar unha nova visión da historia do cuarteto, sen deixar de lado a figura do Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.
Parte fundamental das investigacións levadas a cabo é recuperar aquelas vellas sonoridades da comarca da Terra de Montes, así é como se pretenden recuperar intrumentos antigos desa zona. Esto enmárcase dentro do Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes.
Idea orixinal de Rubén Troitiño que xurde a través da necesidade de facerlle unha homenaxe a toda persoa, grupo de música ou institución que dedicaron a súa vida á conservación e difusión da música tradicional galega sendo esta parte fundamenta da cultura e tradición de Galicia.
Composicións e arranxos creados para diferentes formacións musicais. Neste apartado poderedes escoitar algún que outro tema.