Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
www.rubentroitino.com
Técnico de son (gravación, mestura e masterización).
O novo disco do grupo Abóbriga, que leva por título Non hai fallo, xa está a venda dende finais do mes de outubro deste 2019. O disco, gravado en ChisPún! Estudios conta con 16 temas dos cales 11 son cantados, ademáis de un amplo repertorio de composicións propias do grupo.
Deixamos a continuación unha pequena entrevista que lle fixemos ao grupo Abóbriga sobre o seu novo traballo discográfico:
– Porque “Non hai fallo”?
O nome do disco decidímolo no pasamento do noso gran amigo Sio, do Furancho da Balsa. Sempre nos dicía a mesma frase: que rapaces, non hai fallo! E de aí saíu o nome do noso disco e tamén da peza que leva o mesmo nome.
– Neste novo traballo levades unha liña musical parecida ao primeiro disco “Foliada en Baiona” ou produciuse algún cambio á hora de elexir repertorio ou facer arranxos?
A liña é semellante, porque en practicamente todo o disco as pezas son da nosa composición, mantendo a base popular galega. Por outra parte, neste disco dedicámoslle máis tempo ós arranxos para os diferentes instrumentos e tamén as novas incorporacións aportaron un toque diferente.
– Que destacariades deste novo traballo discográfico?
Un predominio das pezas cantadas fronte as instrumentais e moitas das letras versan sobre o mar e a súa contorna.
– Tendes xa pechadas algunhas datas para facer presentacións do novo disco?
Estamos traballando niso, informarémosvos en breves.
– Que é o mais importante para vós cando estades enriba dum esceario?
Disfrutar, pasalo ben e estar xuntos. Intentar transmitirlle ó publico o que nós sentimos cando estamos enriba do escenario.
– Previsións para o próximo ano co gallo do lanzamiento do voto segundo traballo discográfico.
A nosa idea é presentalo en tódolos currunchos da nosa terra que podamos, sen descartar a Península Ibérica, Europa e incluso soñando, saltar o charco para ir á quinta provincia galega.
– Onde poderemos mercar “Non hai fallo”.
En calquera dos nosos concertos, contactando con calquera de nós ou polas redes do grupo e nos seguintes puntos de venta: Adobi Arte en Ponteareas, Arroaz na Guarda, en Baiona na Taberna de Sabas e en Telas Maseda, por Foz tamén estará e por Santiago, Aldán… e xa iremos informando con máis exactitude nas próximas datas doutros sitios.
– Por último, algo que queirades remarcar para todos aqueles que van a escoitar o disco nasa vindeiras semanas?
Que o disfruten e que o reciban co cariño co que nós o fixemos.