Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
Integrande do grupo.
Ardentía publica nas plataformas dixitais dous temas gravados ao vivo en Beabesada Estudios. Trátase de A Chiviña e Túa nai e maila miña, dúas pezas nas que se recolle o traballo do grupo en directo, sen edicións posteriores, co son e a interpretación propia dunha actuación ao vivo.
Os vídeos poden verse na canle oficial de YouTube de Ardentía, así como nas redes sociais do grupo. Os audios tamén están dispoñibles nas principais plataformas dixitais, entre elas Apple Music, Spotify e YouTube Music.