Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

Xuntanza veciñal en Cerdedo
21 de xullo de 2023

Gustaríame convidar a todas as veciñas e veciños de Cerdedo a participar no proxecto Músicas da Terra de Montes e aportar a vosa colaboración coa inclusión de novos datos, fotografías e outros materiais interesantes para expandir o arquivo/museo virtual das músicas desta comarca.

Gustaríame facer unha xuntanza veciñal o próximo mércores, 26 de xullo, na antiga Cámara Agraria (Correos) ás 18:00h.

A vosa participación é fundamental para enriquecer este proxecto, por iso animo a traer fotografías antigas relacionadas coa música, as cales serán dixitalizadas no mesmo día para que queden rexistradas para a posteridade.

Agradezo de antemán a vosa participación e contribución neste proxecto tan importante. Xuntos deixaremos un legado para as xeracións futuras e un testemuño vivo da nosa identidade musical.

Colabora: A. C. Os Abrentes de Cerdedo

O proxecto Música da Terra de Montes, de Cerdedo, convocou unha reunión comunitaria para o próximo mércores, 26 de xullo, na antiga Cámara Agraria (Correos). Dende a organización animase aos veciños a aportar datos, fotos e outros materiais para expandir o arquivo virtual da comarca. Os asistentes poderán levar fotos antigas relacionadas coa música, que erán dixitalizadas no mesmo día para o seu rexistro permanente e para unha mellor accesibilidade no futuro.

El día 26, a las 18.00 horas, en la antigua cámara agraria de Cerdedo tendrá lugar el encuentro vecinal Músicas da Terra de Montes. Con este encuentro se quiere invitar a los vecinos a asistir para que puedan aportar su colaboración aportando nuevos datos, fotografías y otros materiales destinados a ampliar la recopilación de cara a enriquecer el archivo /museo virtual de las músicas en esta comarca. La iniciativa cuenta con la colaboración de la asociación cultural Os Abrentes de Cerdedo. Los datos y fotos antiguas relacionadas con la música que puedan llevar los vecinos serán digitalizadas ese mismo día.