Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

XL Festa do gaiteiro de Soutelo
5 de setembro de 2019

O pasado sábado 24 de agosto celebrouse en Soutelo de Montes (Forcarei) a “XL Festa do gaiteiro de Soutelo” na honra a Avelino Cachafeiro. Foi para min un pracer poder poñer música neste ano ao pregón realizado por Carme Hermida interpretando dúas pezas, a primeira delas foi a “Alborada de Rosalía de Castro” e a segunda unha pequena obra que fixen cun dos poemas de Avelino Cachafeiro do seu libro “Voando cas aas da vida”, xa que neste ano celebouse o 50 aniversario da súa publicación, que leva por título “Canta a neniña pastora” (título orixinal do poema).

Dende aquí quería agradecer a Asociación Socio-Cultural Can de San Roque por contar comigo. Aos meus compañeiros Miguel González, Santiago Bernárdez, Mariña Río, Noelia Ratel, Yoli A. Ceide, Diego Cabaleiro, Manuel Rodríguez e Ramón Pazos por acompañarme neste día. E por último ao músico Juan Bautista Alberte por tocar con nós, un verdadeiro luxo.


Fotografías de Enya Casal -Fotografía-

Grazas a todas e a todos vós!