Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

O “Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes” nominado aos XI Premios Rebulir 2022
11 de xullo de 2022

O “Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes” nominado aos XI Premios Rebulir 2022.

O Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.  

A entrega do premio faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuilla identificativa do galardón. 

O Xurado está composto por diferentes representantes dos colectivos organizadores do Premio e tamén por convidados/as externos/as con unha traxectoria relevante no mundo da cultura galega.