Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
www.rubentroitino.com
O grupo de música folk Ardentía continúa a súa aposta pola creación en directo coa estrea de Túa nai e maila miña, o segundo vídeo dunha serie gravada no acolledor e inspirador espazo de Beabesada Estudio.
Con esta nova peza, o grupo pecha unha sesión que se iniciou coa publicación de A Chiviña, afondando na súa proposta artística cunha interpretación chea de sensibilidade, forza e identidade. Ambos temas amosan a esencia máis auténtica de Ardentía e reafirman a súa traxectoria no panorama da música tradicional contemporánea.
Tanto Túa nai e maila miña como A Chiviña están dispoñibles na canle oficial de YouTube de Ardentía e tamén nas súas redes sociais. Ademais, os audios poden escoitarse en todas as plataformas dixitais de música, como Spotify, Apple Music ou YouTube Music.