Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
www.rubentroitino.com
Novas
Rubén Troitiño fala para a radio de Uruguay sobre a música de Terra de Montes
21 de xuño de 2023
21 de xuño de 2023
O pasado domingo 18 de xuño, o músico Rubén Troitiño foi entrevistado telefónicamente no programa de radio “Sempre en Galicia”, o espazo radiofónico máis antigo do mundo emitido íntegramente en galego e producido polo Patronato da Cultura Galega, emitido na emisora Radio Oriental de Montevideo, Uruguai.Este programa radiofónico foi fundado o 3 de setembro de 1950 por un grupo de galeguistas residentes en Uruguai, e creouse como unha homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, seguindo o seu ideario.
Na actualidade, “Sempre en Galicia” mantén o seu espírito orixinal e continúa sendo unha emisión galeguista que difunde noticias, cultura e música de Galicia. O programa é conducido por Toni de Seárez, Ana Lorenzo e Fernando Novo, entre outros colaboradores, e emítese todos os domingos de 09:00 a 10:00.Durante a entrevista, destacouse o proxecto “Músicas da Terra de Montes”, dándolle así voz e visibilidade en América Latina. Moitos músicos da antiga comarca de Cerdedo e Forcarei foron protagonistas dun gran movemento migratorio na súa época, deixando atrás as súas familias e comezando unha nova vida en América. Por iso, é de vital importancia seguir investigando sobre a vida destes músicos. Rubén Troitiño expresou o seu agradecemento pola oportunidade de falar sobre este proxecto no espazo radiofónico e chegar á audiencia emigrada.