Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

Redescubrindo aos Gaiteiros de Soutelo
27.07.21

Charla/Coloquio enmarcada dentro da XLII Festa do Gaiteiro de Soutelo, no lugar de Soutelo de Montes (Forcarei), ás 18h coa intervención de Rubén Troitiño, Xosé Manoel Rivas Troitiño e Bautista Alberte Fírvida.


  • Día: sábado 21 de agosto

  • Lugar: Parque Venezuela (Soutelo de Montes – Forcarei)

  • Hora: 18:00h

Rubén Troitiño é un músico vinculado á Terra de Montes por lazos familiares e por pentencer ao grupo de gaitas formado por Avelino Alberte Fírvida (sobriño de Avelino Cachafeiro) nos anos 90. Na actualidade forma parte do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo e está desenvolvendo unha investigación sobre Os Gaiteiros de Soutelo.

Xosé Manoel Rivas (escritor e periodista), autor do libro O Gaiteiro de Soutelo. Unha experiencia da cultura popular, editado no 1977.

Bautista Alberte, sobriño e portavoz do legado de Avelino Cachafeiro.