Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

Peche da Porta Santa - Santiago de Compostela
13 de decembro de 2022

Peche da Porta Santa

Coro de Cámara Rías Baixas: Non se pode rematar mellor este ano 2022 que cantando na Catedral de Santiago de Compostela. 

O vindeiro 31 de decembro estaremos poñendo música na cerimonia do Peche da Porta Santa deste Ano Xacobeo tan particular, xa que tivo unha duración de dous anos. 

A música, escrita compositor galego Juan Durán, conta con pezas compostas expresamente para este acto. Tamén participarán o cantor José Luis Vázquez (director da Escolanía da Catedral) e o barítono solista Gabriel Alonso. Acompañará ao órgano Adrián Regueiro.