Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
www.rubentroitino.com
Actualizado: 23/07/26
O vindeiro 1 de agosto de 2026 estaremos na II Foliada do Emigrante de Baleira, unha xornada dedicada á música tradicional, aos reencontros e á celebración da cultura galega.
A cita terá lugar na Praza do Cádavo (Baleira) e contará cun completo programa de actividades ao longo de todo o día:
11:00 h – Feira de artesanía.
12:00 h – Sesión de apertura con Toxo Queimado.
13:00 h – Sesión vermú coa Charanga Os Sureños.
14:00 h – Xantar tradicional a cargo do Bar Visnú.
17:00 h – Actuacións de Toxo Queimado, Son de Cores e AC Deiqui.
20:00 h – Actuación de A Volta do Agro.
21:00 h – Nova actuación de Toxo Queimado.
22:00 h – Concerto de Ardentía.
23:30 h – Fin de festa con DJ Valiño.
Será unha excelente ocasión para gozar da música tradicional galega, da gastronomía e dun ambiente festivo no corazón da comarca.