Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

Fotografías do concerto de Aninovo (Ourense)

05 de xaneiro de 2024

Baixo a dirección de Diego Fortes Conde, presentouse unha programación de música clásica con grandes obras que todos coñecemos, as cales fixeron vivir unha experiencia inesquecible no auditorio municipal de Ourense. Este concerto contou cun equipo artístico conformado pola Orquestra San Rosendo e o Coro de Cámaras Rías Baixas, que ofreceron un concerto de pezas instrumentais e fragmentos de óperas que o público recoñeceu rapidamente. Dende As bodas de Fígaro de Mozart, L’elisir d’amore de Donizetti, Carmen de Bizet, Coro de peregrinos de Tannhäuser de Wagner ata as Danzas húngaras de Brahms e moitos máis fragmentos de coñecidas óperas, fixeron desta gala algo inesquecible. Ao rematar a gala, houbo un cóctel de benvida para celebrar o Ano Novo de 2024.