Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
www.rubentroitino.com
O pasado 17 de maio tiven a sorte de participar no concerto Arpas Atlánticas, organizado pola Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu no Teatro Afundación de Vigo, coincidindo co Día das Letras Galegas.
Formei parte do coro de voces masculinas na interpretación da Suite Cotobade, unha peza de Rodrigo Romaní e Xaquín Xesteira baseada na música tradicional do concello de Cotobade. Un dos momentos máis especiais foi o Pasodobre de Viascón, que nesta ocasión contou cunha nova versión con voces graves.
Foi un concerto moi especial, con música que conecta Galicia con Irlanda e Escocia, e coa participación de artistas como Laoise Kelly, Mary MacMaster, Beatriz Martínez, Begoña Riobó e Anxo Pintos, baixo a dirección de Xaquín Xesteira.
Grazas a SonDeSeu por contar comigo e darme a oportunidade de formar parte deste proxecto tan fermoso.
Déixovos aquí unhas fotos dese día tan bonito.