Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

Coa banda de música de Cerdedo
1 de agosto de 2022

O pasado domingo 31 de xullo tiven a sorte de poder acompañar á Banda de Música de Cerdedo. Para min é algo moi emotivo xa que unha parte da miña familia tocou no seu momento nas bandas de música deste concello: Ramón J. Lavandeira Limeres, José María Lavandeira Durán, Eduardo Troitiño Varela... Dende aquí gustaríame dar as grazas tanto á banda de música e ao seu director José Luis Loureiro por deixarme participar, para min é unha honra poder facer música xunto a esta gran formación. 

Fotografías de Noelia Ratel.