Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

Camiño de Balaídos - Cantos de taberna A de Sabas (Centenario do Real Club Celta de Vigo)
23 de decembro de 2022

Letra:

(RETROUSO)
Lorolorolo...
Toto Berizzo, Vlado Gudelj, Karpin, Mostovoi,
Hugo, Pahíño, Ademir e o gran Manolo,
Salgado, López, Baltazar, xenio Mazinho,
pero máis grande é cando mete un gol Iaguiño.

Mil novecentos vinte e tres
ano que se fundou o Celta,
xuntouse o Vigo e o Fortuna,
ca ialma da nosa afouteza.
Celeste e branco, as nosas cores,
as mesmas da nosa bandeira,
orgullo e o que sentimos
se fan soar a Rianxeira (x3)
celeste e branco as nosas cores,
as mesmas da nosa bandeira.

(RETROUSO)
Toto Berizzo, Vlado Gudelj, Karpin, Mostovoi... [...]
Lorolorolo... [...]

Balaídos noso templo
casa de todo celtista,
onde ris, cantas e choras,
e todo polo Celtiña.
Marcador é o que anima
en Río agora hai festa,
en Gol vas, nunca te mollas;
tribuna é a que protesta (x3)
Marcador é o que anima,
en Río agora hai festa.

(RETROUSO)
Toto Berizzo, Vlado Gudelj, Karpin, Mostovoi... [...] (x2)
Lorolorolo... [...] (x2)

FICHA TÉCNICA

Autor: Ramón Soto Ignacio

Cantos de taberna A de Sabas:  Abraham Soto (voz), Antonio Pimentel  (voz), Begoña del Río (voz), Eduardo Alberto Trapero (voz), Eduardo del Olmo, "Kalo" (voz), Eladio Tizón (voz), Enrique Taboada (voz), Eulogio Cedeira, "Guache" (voz), Fernando Vilariño (tambor), Jacinto Balboa (guitarra e baixo), Jesús Pedrosa (guitarra), Lurdes Comes aaña  (voz), Maite Vázquez (voz), Manuel González (guitarra), Miguel Ángel Cedeira (guitarra, bandurría e voz), Nuria Fontela (pandeireta e voz), Ramón Pazos (voz), Raquel Castro (pandeireta e voz), Rubén Troitiño (gaitas e acordeón), Santiago Bernárdez (bombo), Silvano Montes (guitarra e voz), Teresa Barreiro (pandeireta e voz) e Víctor Manuel Otero (guitarra).

Técnico de son: Rubén Troitiño
Gravado no mes de novembro de 2022.

Data de publicación: venres 16 de decembro de 2022

Agradecementos: ao Concello de Baiona pola cesión do auditorio para a realización da gravación.

NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Camiño de Balaídos: a peza que cantos de taberna A de Sabas de Baiona dedica ao Celta polo Centenario.

Escucha la canción de celebración del centenario del RC Celta de Vigo creada por el gaiteiro Ramón Soto.

Cantos de taberna A de Sabas - 'Camiño de Balaídos'

Camiño de Balaídos, composición de Cantos de taberna A de Sabas polo centenario do Celta.

El primer himno para el Celta en su centenario.