Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
www.rubentroitino.com
O vindeiro sábado 5 de xullo, o Concello de Ramirás converterase nun punto de encontro para a música tradicional galega coa celebración da Verbena do Rella, organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir.
Nesta edición, o grupo Ardentía formará parte do destacado cartel de concertos que terá lugar ao longo da xornada. Co seu estilo propio, comprometido coa música de raíz galega e cunha posta en escena que mestura emoción e tradición, Ardentía promete unha actuación chea de forza e sensibilidade.
A Verbena do Rella contará ademais coas actuacións de Os Faíscas da Pontraga, Unto Vello, Charanga O Fiadeiro, Argalleiros da A.C. Xacarandaina, Charanga A Ponte Vella, De Pé Feito, Xúa e Os Biruxes, nun día completo de música e cultura popular.
Será unha ocasión única para gozar de Ardentía en directo, nun contorno onde a tradición e a festa van da man.