Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com

Novas

Concerto de Aninovo – Ourense

23 de decembro de 2023

Baixo a dirección de Diego Fortes Conde, preséntase unha programación de música clásica con grandes obras que todos coñecemos que nos farán vivir unha experiencia inesquecible. 

Este concerto conta cun equipo artístico conformado pola Orquestra San Rosendo e o Coro de Cámaras Rías Baixas, que ofrecerán un concerto de pezas instrumentais e fragmentos de óperas que o público recoñecerá rápidamente. Dende As bodas de Fígaro de Mozart, L’elisir d’amore de Donizetti, Carmen de Bizet, Coro de peregrinos de Tanhausser de Wagner ata as Danzas húngaras de Brahms e moitos máis fragmentos de coñecidas óperas, farán desta gala algo inesquecible. 

Ao rematar a gala, haberá un cóctel de benvida para celebrar o Ano Novo de 2024.