Ruben Troitiño
www.rubentroitino.com
www.rubentroitino.com
Biografía
Titulado en Grao Profesional de Gaita Galega polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo co mestre Xosé L. Miguélez, obtendo o Premio Extraordinario Fin de Grao no 2011
Titulado Superior na especialidade de Son pola Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV) no 2009
Grao en Educación Primaria pola UVigo coas especialidades de Educación Musical e Audición e Linguaxe.
Máster en Neuropsicopedagoxía.
Traxectoria musical vencellada á música tradicional galega e ao mundo coral. Dentro da música tradicional formando parte de diversas asociacións culturais, coma pode ser O Fiadeiro de Vigo, Os Abrentes de Cerdedo, a grupos de música tradicional/folque coma a charanga Vai de Baile (grupo formado para o programa Luar da Televisión de Galicia), Abóbriga ou na última etapa do grupo Quempallou. Dentro do mundo coral no coro Miñoca ma non toppo de Vigo, dirixido por Ángel A. Montes.
Na actualidade forma parte do grupo Ardentía e tamén do Coro de Cámara Rías Baixas de Vigo, baixo a dirección de Brais González.
Rubén Troitiño nace no ano 1988. As súas primeiras nocións de gaita foron da man do seu pai José Luís Troitiño, e as primeiras de música, no ano 1993, da man do mestre Avelino Alberte Fírvida (sobriño de Avelino Cachafeiro), en Os gaiteiros de Soutelo e Coros e Danzas da Terra de Montes, grupo feito na honra de Avelino, onde aprendeu gaita galega, percusión tradicional e linguaxe musical. Neste grupo estivo ata o ano 2000, no que se desfixo esta formación. Entre os anos 1995 e o 2000 estudou na academia de música Anacrusa, en Vigo, nas modalidades de piano, técnicas vocais e linguaxe musical. Ao ano seguinte, 2001, entra no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, na especialidade de gaita galega. Ademáis da gaita, tamén toca outros instrumentos coma a percusión tradicional, dende o 1995, o clarinete, que o empeza a estudar no ano 2005 ou o saxofón (soprano, alto e tenor), dende o 2006.
Ao longo da súa traxectoria coma músico participou en diversas agrupacións coma membro, colaborador ou en proxectos persoais.
Na actualidade o seu traballo céntrase principalmente na investigación e o estudo das músicas da comarca da Terra de Montes, en especial do concello de Forcarei e antigo concello de Cerdedo. A través desta labor de investigación, busca profundizar no coñecemento e a comprensión da rica actividade musical desa zona, explorando as súas raíces históricas e a súa evolución ao longo do tempo. Aínda así, sigue mantendo a súa actividade coma instrumentista en proxectos e colaboracións nos que pode seguir experimentando e crecendo coma artista.
Actualidade
Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo – Dende o ano 2000
Membro da “A. C. Os Abrentes de Cerdedo” dende o ano 2000 e presidente de 2009 ata 2022.Coro de cámara Rías Baixas – Dende o ano 2022
Membro do coro de cámara Rías Baixas formando parte da corda de baixos.Ardentía – Dende o ano 2023
Membro do grupo de música folk Ardentía tocando o saxofón e a gaita.
Docencia, didácticos e conferencias
Docencia
Músico
Mestre de gaita galega na Asociación Veciñal Praza da Miñoca (Vigo) – 2008/10
Mestre de gaita galega na A. C. F. O Fiadeiro (Vigo) – 2011/20
Extraescolares de música tradicional no Colexio Possumus (Vigo) – 2015/17
Extraescolares de música tradicional no CEIP Frian (Vigo) – 2016/17
Técnico de son
Curso de iniciación ao audio impartido na A. C. F. O Fiadeiro (Vigo) – 2015
Curso de iniciación ao audio impartido na A. C. Polavila (Pontevedra) – 2015
Curso de iniciación ao audio impartido na IES Audiovisual de Vigo (EAV) – 2017
Concertos didácticos
Concertos didácticos sobre a música tradicional – 2009/2019
Conferencias
Redesubrindo aos gaiteiros de Soutelo na XLII Festa do Gaiteiro de Soutelo - 2021
Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes nas I Xornadas das músicas da Terra de Montes - 2022
Redescubrindo aos gaiteiros de Soutelo nas III Xornadas de gaita organizadas pola AGG - 2022
Presentación do proxecto músicas da Terra de Montes no IES Chano Piñeiro de Forcarei - 2023
Asesoramento e organización de eventos
XXX Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei) – 2009
Asesoramento.
XXXI Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei) – 2010
Asesoramento.
XXXVIII Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei) – 2017
Asesoramento.
XXXVIII Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei) – 2019
Asesoramento. 50 aniversario da publicación do libro de poemas “Voando cas aas da vida” de Avelino Cachafeiro.
XLII Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei) – 2021
Asesoramento.
Actos do 50 aniversario do pasamento de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo – 2022
Asesoramento.
Ruada das Letras Galegas por Avelino Cachafeiro celebrada o 14 de maio en Soutelo de Montes.
Inauguración dunha escultura en homenaxe ao Gaiteiro de Soutelo o día 29 de xullo na praza dos gaiteiros en Soutelo de Montes.
XLIII Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei).
XLIII Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei) – 2022
Asesoramento.
I Xornadas das músicas da Terra de Montes – 2022
Organización.
Sábado 15 de outubro no lugar de Cerdedo (Cerdedo-Cotobade) - Adicado ás bandas de música
Sábado 22 de outubro no lugar de Soutelo de Montes (Forcarei) - Adicado á música tradicional
Xuntanza veciñal en Cerdedo sobre as músicas da Terra de Montes – 2023
Organización.
Mércores 26 de xullo no lugar de Cerdedo (Cerdedo-Cotobade)
Concursos, premios e recoñecementos
Finalista e 4º Posición no “IX Concurso de música tradicional Avelino Cachafeiro” – 2007
Gaiteiro solista, acompañado co tambor por Edelmiro Fernández.
Finalista do “I Concurso de cuartetos tradicionais” de Luou – 2007
Organizado pola A. C. A Mámoa, co cuarteto de gaitas tradicionais “O Rapacarallas” de Vigo.
2º Premio na categoría “Grupo Popular” no “51 Certamen Nacional de Acordeón” – 2008
Organizado pola “Asociación Galega do Acordeón”, cun dúo de gaita galega e acordeón, con Roberto Comesaña.
Finalista e 5º posición no “X Concurso de música tradicional Avelino Cachafeiro” – 2008
Gaiteiro solista, acompañado co tambor por Iago Barreiro.
1º Premio no “VI Concurso de maquetas de música da Universidade de Vigo” – 2008
Modalidade de “música folk” co grupo “A gharrapata”, con Roberto Comesaña.
Xurado no “VI Concurso de música tradicional Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón” – 2009
Premio Extraordinario Fin de Grao Profesional na especialidade de Gaita Galega – 2011
Conservatorio Profesional de Musica de Vigo.
Finalista nos III Premios Martín Códax da Música con “O Fiadeiro” – 2016
Músico da charanga/orquestra e técnico de son nas gravacións das publicacións.
Pregoeiro da “XLII Festa do gaiteiro de Soutelo de Montes” – 2021
Pregón na coñecida coma “Festa do Gaiteiro”, Soutelo de Montes (Forcarei) en homenaxe á figura de Avelino Cachafeiro e dos Gaiteiros de Soutelo.
Publicacións
Prensa
Faro de Vigo
Disponible en la web la obra de Rubén Troitiño a Antonio Fraguas – 2019
Rubén Troitiño: “Os gaiteiros de Soutelo e Cachafeiro son referentes da música galega” – 2019
Hai que manter a Festa do Gaiteiro no tempo sen perder a súa esencia – 2021
Nacen las ‘I Xornadas das músicas da Terra de Montes’, con dos fechas en octubre - 2022
La web de Música da Terra de Montes supera las 16.000 visitas en todo el mundo - 2022
Rubén Troitiño fala para a radio de Uruguay sobre a música de Terra de Montes - 2023
Rubén Troitiño lidera un encuentro para profundizar en la música de Cerdedo - 2023
La Voz de Galicia
Un músico vigués recluta intérpretes para grabar temas de históricos del folk – 2014
Rubén Troitiño homenajea al Gaiteiro de Soutelo en el aniversario de su muerte – 2020
Piden ayuda para incrementar el Arquivo das Músicas de Montes - 2022
El proyecto Músicas na Terra de Montes triunfa en América - 2023
Los vecinos de Cerdedo quieren recuperar sus gigantes y cabezudos - 2023
Artigos en revistas
Fol de veleno, revista de Etnografía e Historia de Galiza – 2010
Nº1 – Artigo sobre o mestre de música cerdedense Ramón José Lavandeira Limeres.
Blogues/Web de música tradicional
Arquivos Tradicionais – creador e administrador
Arquivo virtual das músicas de Terra de Montes – creador e administrador
Libros
As bandas de música de Cerdedo do autor Manuel Campos – 2010
Colaborador xunto con Xosé Luis Troitiño no libro “As bandas de música de Cerdedo” do autor Manuel Campos.
Gravacións
"Sanabarrighas", para o documental “Monte do Seixo, A Montaña Máxica” – 2008
Músico e técnico de son
Producido polo grupo de estudos etnográficos “Serpe Bichoca”. Gravación, execución instrumental e autoría.
Curtametraxe “Séptimo Asalto” – 2008
Técnico de son
Dirixido por Germán Pérez. Actores: Xosé Manuel Olveira «Pico», David Bendito. Xefe de son, gravación da música pertencente á banda sonora e postproducción de audio.
Documental sobre a colombofilia – 2008
Técnico de son
Dirixido por Germán Pérez. Micrófonista.
Curtametraxe “O Burato” – 2008
Técnico de son
Dirixido por Germán Pérez. Actores: Juanma Buturón, Rubén Prieto, Paloma Saavedra, Pepe Barreira, Nani Matos. Micrófonista, gravación da música pertencente á banda sonora e postproducción de audio.
Documental sobre a "Ley de costas" – 2008
Técnico de son
Dirixido por Irene. Xefe de son.
Dúo Roberto Comesaña (acordeón) e Rubén Troitiño (gaita galega, saxofón e percusións) – 2009
Músico e técnico de son
Maqueta – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio) – 1º Premio no “VI Concurso de maquetas de música da Universidade de Vigo” na modalidade de “música folk”.
Woden – Essentials (grupo de Punk/Rock de Vigo) – 2009
Técnico de son
Maqueta – Gravación, mestura e masterización do tema “Un día perfecto” (ChisPún! Estudio).
Cantante de rap viguesa Brash – 2009
Técnico de son
Maqueta – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio).
A. C. Os Abrentes de Cerdedo e as Pandeireteiras de Barro de Arén – 2009
Músico
Gravado no estudio “Phonos” de A Estrada.
A. C. Os Abrentes de Cerdedo – 2009
Músico
Gravación para o programa da Televisión de Galicia (TVG) Alalá.
Trío Roberto Comesaña, Xabier Crespo e Rubén Troitiño – 2010
Músico e técnico de son
Maqueta – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio).
Hostia en Verso – Primer andén (grupo de rap de Porriño) – 2010
Técnico de son - Maqueta
Edición e mestura do tema 11 da maqueta “Primer andén” (ChisPún! Estudio).
Curtametraxe “Cisma – escuchando la voz de la memoria” – 2010
Técnico de son - Dirixido por Germán Pérez, idea orixinal de Sergio Rodríguez. Con Nani Matos, dirección de producción de Jacobo M. Casal, dirección de fotografía de José Rodríguez, son de Pablo Viñas, producido por XA! Xprsion Audiovisual. Coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Vigo e a Escola de Imaxen e Son de Vigo. Gravación da música pertencente á banda sonora.
"Realidades Alientantes…” do grupo Dakidarría – 2010
Músico
Disco – Colaboración xunto con membros do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (CPMV).
Abóbriga – 2011/13
Músico e técnico de son
Maqueta – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio).
“Foliada en Baiona” do grupo Abóbriga – 2012
Músico
Disco – Gravado no estudio “Casa de Tolos” (Gondomar – Pontevedra).
DVD de Abóriga en directo – 2012
Músico
Gravado polo estudio móbil de “Casa de Tolos” para a canle Tolemias de R. Tolemias é unha canle de contidos musicais dispoñibles baixo demanda que xurde da unión de Cinfo (empresa especializada en contidos e desenvolvementos para televisión) e Casa de Tolos. En Tolemias poderás atopar concertos e outros contidos relacionados coa música en directo. Actualmente dispoñible en tv R.
“De oficios e lavores Vol. 1” do grupo O Fiadeiro – 2013
Músico e técnico de son
USB – Edición e mesturas. Gravación en directo no teatro “Novacaixagalicia” de Vigo polo estudio móbil de “Rec Estudios”. Producción Ton e Son Editorial, deseño gráfico de Iago Barreiro e música de O Fiadeiro.
“Karaoke Popular” – 2013
Músico e técnico de son
DVD. – Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial para Inquedanzas Sonoras.
Curtametraxe “Carta dun morriño” – 2013
Técnico de son
Dirixido por Carlos Cortés e Miguel Álvarez, idea orixinal de Miguel Álvarez. Cámara: Carlos Cortés. Producción e Making Off: Carolina Muñoz. Escritora: Bárbara Muñoz. Protagonista: Miguel Álvarez. Sonido: Amanda Pons e Rubén Troitiño. Voz en Off: Fernando González “Gonzo”. Compositor: Roberto Del Río.
“Insogaita”, video promocional – 2013
Técnico de son
Imaxen: Miguel Álvarez.
Videoclip “Chíngala” do grupo Abóbriga – 2013
Técnico de son
Dirixido e realizado por Animaxes AV.
“Seguro dental” – 2014
Técnico de son
Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio).
“A viaxe de José do Campo” do grupo O Fiadeiro – 2014
Músico e técnico de son
Libro + CD – Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial para A. C. F. O Fiadeiro.
“Proxecto Homenaxe” – 2014
Técnico de son
Gravación, mestura e masterización (ChisPún! Estudio). Idea orixinal.
“Tradicionalmente” do gaiteiro Carlos Estévez – 2014
Técnico de son
CD. Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio).
“Tradicionalmente” do gaiteiro Carlos Estévez, video promocional – 2014
Técnico de son
Gravado por ChisPún! Estudio, dirixido e realizado por Rubén Troitiño.
“Festexando o Nadal”, video adicado á cidade de Vigo – 2014
Técnico de son
Gravado por ChisPún! Estudio, dirixido e realizado por Rubén Troitiño.
“Tradicionalmente. 20 pezas para gaita galega” de Carlos Estévez – 2015
Técnico de son
Libro + CD – Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.
“Ácido folclórico. 20 pezas para gaita galega” de Xurxo García – 2016
Técnico de son
Libro + CD – Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.
“Aires de Pontevedra” de Oscar Ibáñez – 2017
Técnico de son
CD – Homenaxe a Ricardo Portela polo 25 aniversario do seu pasamento. Gaita orixinal de Ricardo Portela, coa colaboración á percusión de Xosé V. Ferreirós (Milladoiro), Chuco Estévez Gonzalez (E-Trad), Gonzalo Caride (artesán-músico), Wenceslao Cabezas “Polo” (Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo), Antón López “Toniño” (Treixadura), Manuel Solla (Os Cruceiros), Xosé Carlos V. Bouza e Jesús Corral Fernández (Xarabal), Miguel Souto (O Fiadeiro), Alberto Costas (PelePau), Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez (Noitarega).
“Manual ególatra básico. 20 pezas para gaita galega (+1)” de Cristián Silva – 2017
Técnico de son
Libro + CD – Gravación e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.
“Entre Fusco e Lusco. 20 pezas para gaita galega” de Rafa Crespo – 2019
Técnico de son
Libro + CD – Edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.
“Colleita propia. 20 pezas para gaita galega” de Pablo F. Rial – 2019
Técnico de son
Libro + CD – Gravación, edición e masterización (ChisPún! Estudio). Producido por Ton e Son Editorial.
“Non hai fallo” de Abóbriga – 2019
Técnico de son
CD – Edición, mestura e masterización (ChisPún! Estudio). Segundo disco do grupo Abóbriga de Baiona. Editado por Inquedanzas Sonoras.
Grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo – 2019
Músico e técnico de son
Tres temas de composicións propias gravados co gallo do 25 aniversario do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo.
Camiño de Balaidos - Cantos de taberda A de Sabas – 2022
Músico e técnico de son
Tema adicado ao Real Club Celta de Vigo co gallo do seu centenario.
Exmembro, colaborador ou solista
Pandeireteiras de Barro de Arén – 2004/09
Gaiteiro (gravación – gaita, tambor e bombo).
Grupo de música folk O Regato (A Estrada) – 2006
Clarinetista.
Cuarteto tradicional de gaitas Axóuxere (Vigo) – 2006
Percusión tradicional.
Concerto-Homenaxe ás “Pandeireteiras de Barro de Arén” (Teatro Principal – Pontevedra) – 2006
Gaiteiro solista. Nesta homenaxe participaron “Os Abrentes de Cerdedo”, “Tear de Llerena”, “Donicelas”, “Xirandola” e “Leilía”.
Grupo Tradicional de Danzas Noutrora (Vigo) – 2006/07
Percusión tradicional.
Asociación Folclórica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) – 2007
Gaiteiro. Gala do 85 Aniversario.
Polafía realizada en Cerdedo – 2007
Gaiteiro solista. Proxecto da “Asociación de Escritores en Lingua Galega” (AELG) co patrocinio da “Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura”.
Grupo de música tradicional Foula (Pontevedra) – 2007/08
Saxofonista (saxofón soprano e alto).
Charanga Vai de Baile (Luar da Televisión de Galicia) – 2007/08/09
Saxofonista (saxofón soprano), percusionista e técnico de son. Programa de televisión “Luar” da CRTVG (Compañía de Radio Televisión de Galicia).
Asociación Veciñal e Cultural “Casco Vello” (Vigo) – 2008/09/10/11
Clarinetista, percusionista e gaiteiro. “Festa da reconquista da vila de Vigo” e “Festas dos Maios”.
Grupo de música tradicional Paidacana (Poio) – 2008/09
Gaiteiro. Dirección musical: Óscar Ibáñez.
Presentación da “XXIX Festa do Gaiteiro de Soutelo” (Soutelo de Montes – Forcarei) – 2008
Gaiteiro solista. Festa na honra do gaiteiro Avelino Cachafeiro, “O Gaiteiro de Soutelo”.
Asociación cultural de Baiña – 2008
Percusión tradicional.
Lembranzas Galegas (Vigo) – 2008
Saxofonista (saxofón soprano).
Asociación “Centro Comercial Urbano Zona Monumental” (Pontevedra) – 2008
Saxofonista (saxofón alto). Co patrocinio da “Consellería de Innovación e Industria”, nas visitas teatralizadas “Boa Vila dende o Camiño Xacobeo” na cidade de Pontevedra.
Art-Monium, Compañía de espectáculos e teatro de rúa – 2009
Saxofonista (saxofón soprano).
Foles vellos – 2009
Saxofonista (saxofón soprano).
Co músico de blues Eddie Evans (Eddie “el zurdo”) xunto cos músicos de “Phantom Club” (Vigo) – 2009
Saxofonista (gravación – saxos alto e tenor).
Grupo de danza da asociación Rueiro (Vigo) – 2009
Percusión tradicional.
Asociación Folclórica Corisco (Vigo) – 2009 e 2012
Saxofonista (saxofón soprano e alto). No ano 2012 colaboración no 25 aniversario da asociación.
Presentación da “XXX Festa do Gaiteiro de Soutelo” (Soutelo de Montes – Forcarei) – 2009
Gaiteiro solista. Festa na honra do gaiteiro Avelino Cachafeiro, “O Gaiteiro de Soutelo”.
Asociación Cultural A Seneira (Baiona) – 2010
Gaiteiro. “Festa da arribada 2010”.
Dakidarría (Val Miñor – Pontevedra) – 2010
Saxofonista (directo e gravación – saxofón soprano). Grupo de Punk/Ska/Reggae. Colaboración xunto con membros do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (CPMV). Disco: “Reallidades Alienantes…”.
Concerto fin de carreira do músico Rafael Crespo – 2012
Conservatorio Superior de Música de Vigo. Colaboración no concerto fin de carreira do músico Rafael Crespo (especialidade gaita galega) xunto con músicos coma Xurxo Fernández, Lucía Comesaña, Armando Viñas, Ánxela Vidal, Lucía Martínez, Paulo González…. Saxofón alto (Charanga “O Fiadeiro”) e canto vocal (baixo – peza tradicional, “Ronda dos mozos de polaina enteira” recollida en Florderrei (Cancioneiro das Terras do Riós), arranxada por Rafael Crespo).
Charanga tradicional Os Xirifeiros (Carríl – Pontevedra) – 2010
Saxofonista (saxofón soprano). Colaboración xunto cos músicos: Rafael Crespo, Ánxela Vidal, Cristian Silva e Alberto Costas.
Con Marta Quintana – 2010
Saxofonista (gravación – saxos alto e soprano).
Escola municipal de teatro de Vigo (Visitas teatralizadas ao casco histórico de Vigo) – 2010
Gaiteiro e percusionista. Colaboración coa “Escola municipal de teatro de Vigo” nas visitas teatralizadas ao casco histórico de Vigo co motivo da celebración do bicentenario da cidade (plan de competitividade turística de Vigo, turismo urbano e de ría).
Kallaikoi – 2010
Saxofonista (saxofón tenor). Colaboración co grupo de Punk/Rock “Kallaikoi” de Baiona (Pontevedra).
Charanga CostameKrelos (Bembrive – Vigo) – 2013
Saxofonista (saxofón alto).
Coro do Conservatorio Profesional de Música de Vigo – 2013
Canto coral (baixo). Colaboración co Coro do Conservatorio Profesional de Música de Vigo no auditorio David Russell do CMUS Profesional de Vigo co motivo da celebración do X Aniversario. Neste concerto estreouse a versión completa para banda e coro do “Himno a Vigo”, con música do mestre Reveriano Soutullo e letra de Pío L. Cuíñas, todo iso baixo a dirección de Juan Carlos Díaz.
Co cantautor Urbano Cabrera – 2013
Gaita e percusións. Colaboración co cantautor baionés Urbano Cabrera xunto co grupo Abóbriga.
Presentación do libro “Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó” xunto a Oscar Ibáñez – 2015
Presentación da colección de libros de Chave Mestra con especial atención ao último número sobre Xoan Tilve, gaiteiro de Campañó. Neste acto estiveron presentes Ramón Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque e coordinador da edición; o musicólogo Xabier Groba; e Oscar Ibáñez, coautor do libre sobre Tilve. Nesta presentación acompañouse a Oscar Ibáñez coa perscusión na que interpretou varios temas coa gaita orixinal de Manuel Villanueva, unha xoia organolóxica do século XIX, gaita tombal que pertenceu ao propio Xoán Tilve. Presentado na ACF O Fiadeiro de Vigo.
“Un río de músicas pola paz” da Orqustra Xove 430 – 2016
Canto Coral (baixo) – Celebrado no Auditorio Mar de Vigo. Un programa de Primavera 2016 protagonizado pola orquestra Xove 430 e un coro efímero e participativo baixo a batuta de Julio Domínguez e Irene Gómez Calado.
Coro Miñoca ma non toppo de Vigo – 2009/16
Exmembro – Membro fundador. Director: Ángel A. Montes.
Charanga de música tradicional Abóbriga de Baiona – 2008/16
Exmembro – Saxofonista.
Charanga/Orquestra O Fiadeiro, músico titular – 2007/16
Exmembro da “Charanga/Orquestra O Fiadeiro” – saxofonista e colaborador coma gaiteiro e percusionista.
Grupo de música folk Quempallou – Fin da formación 2016
Gaiteiro e clarinetista.
Colaboración con Oscar Ibáñez e Tribo – 2018
Espectáculo “Aires de Pontevedra, homenaxe a Ricardo Portela” para pechar os actos conmemorativos do 25 Aniversario pasamento. Outros colaboradores: Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xosé Liz, Marcos Campos, Chuco Estévez González, Miguel Souto, Wenceslao Cabezas “Polo”, Carla Villanueva Rodríguez, Álvaro Novegil Pintor Alvarellos, José Luis Lema, gaiteiros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, José Campos, Miguel Fraguas, Rubén Troitiño, Laura Garcia Couto, Maria Vidal Sabaris, Bailadores do Fiadeiro, Bailadores da A.F. Celme, Compañía de Danza Contemporánea Jesús Quiroga).
Presentación do libro “A Requinta do Ulla – Obradoiro Riobó” do autor Rafael Carracedo – 2018
Presentación do libro “A Requinta do Ulla – Obradoiro Riobó” do autor Rafael Carracedo na ACF O Fiadeiro de Vigo.
Orquestra Barroga Vigo 430 e Coro Rías Baixas – 2019
Canto Coral: Baixo – Concertos celebrados no Auditorio Afundación de Vigo e no Círculo de las Artes de Lugo no mes de xaneiro. Coro de Cámara Rías Baixas dirixido por Bruno Díaz, solistas: Eugenia Boix (soprano), Gabriel Díaz (contratenor) e unha das figuras máis destacadas do violín dentro do panorama historicista, Lina Tur Bonet, exercendo coma solista ademáis de como directora. A interpretación do repertorio a cargo da Orquestra Barroca Vigo 430, orquestra especializada e con instrumentos orixinais. Obras interpretadas: Leo: “Salve regina”; Stradella: “Crocifissione e morte de Iesu Cristo”; Vivaldi: concerto para violín “Il grosso mogul” e “Gloria”.
Colaboración coa ACF O Fiadeiro e a ESADG (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) – 2019
Participación na respresentación músico-teatral do Libro/CD “A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns”. Esta viaxe é o resultado do traballo do curso de 3º de Interpretación Xestual da ESAD de Vigo xunto ca A.C.F. O Fiadeiro, un traballo de meses que mestura interpretación e músicas e bailes tradicionais. Este esforzo creativo, que está baseado no libro-disco homónimo editado por Ton e Son Editorial co Fiadeiro e creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo no ano 2015 – Venres 24 de maio no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra adicado a Os Gaiteiros de Soutelo – 2019
Participación nesta iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra, cos que se pretende dar a coñecer e poñer en valor a figuras e formacións senlleiras da provincia, hoxe referencia imprescindible da nosa música tradicional.
Pregón na XL Festa do gaiteiro de Soutelo xunto a Carme Hermida – 2019
Participación no pregón da “XL Festa do gaiteiro de Soutelo” encargado da parte musical interpretando dúas pezas, a primeira delas foi a “Alborada de Rosalía de Castro” e a segunda unha pequena obra de composición propia cun dos poemas de Avelino Cachafeiro do seu libro “Voando cas aas da vida”, xa que neste ano celebrouse o 50 aniversario da súa publicación, que leva por título “Canta a neniña pastora” (título orixinal do poema).
Colaboración co Coro de Cámara Rías Baixas – 2021
Participación coma percusionista acompañante xunto con Inés Fernandez (violín) e Olalla Vidal (arpa) nos concertos celebrados nos días 27 e 28 de agosto dentro do ciclo ‘Vigo, un mar de corais’.
Colaboración coa Banda de música de Cerdedo – 2022
Participación coma gaiteiro solista no concerto do sábado 30 de abrirl que leva por título “O Camiño: Mitos e Tradicións!”. Como notas ao repertorio que interpretei de maneira solista, a peza que interpretei para abrir o acto foi baseada no “Cantar do arrieiro”, de Manuela Cortizo (Manuela das Marianas ou Manuela de Barro) e a segunda a “Alborada de Rosalía de Castro”, do repertorio dos gaiteiros de Soutelo. Esta última co gallo do 50 aniversario do pasamento de Avelino Cachafeiro e tamén das actuacións que os gaiteiros de Soutelo fixeron en Cerdedo na súa época.
Participación coma gaiteiro solista no concerto do domingo 31 de xullo co gallo das festas do Ecce-Homo en Cerdedo.
Colaboración co gaiteiro Carlos Núñez – 2022
Participación coma gaiteiro solista e coa A. C. Os Abrentes de Cerdedo no concerto celebrado o sábado 27 de agosto no lugar de Viascón (Cerdedo-Cotobade) dentro da súa xira "Lugares máxicos" dentro dos actos de homenaxe a Ricardo Portela conmemorando o 30 cabodano do seu pasamento.
Colaboración co gaiteiro Carlos Núñez – 2023
Participación coma gaiteiro solista e coordinando ás agrupacións do concello (Os Abrentes, Foula e Os Afoutes) no concerto celebrado o sábado 26 de agosto no lugar de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) dentro da súa xira "Lugares máxicos".